NORMAS ESCOLA




NORMAS DA ESCOLA INFANTIL JORGE JUAN

1. É obrigatorio e moi importante, respectar o período de adaptación establecido para cada neno.

2. Non se permite a entrada á aula a pais e nais.

3. Prégase puntualidade tanto á hora de entrada como á hora de saída.

4. Os nenos NON ACUDIRÁN á escola se presentan;

. Febre ou síntomas febrís.
. Diarrea.
. Vómitos.
. Tose.
. Conxuntivite.
. Ronchas ou erupcións na pel.
. Infeccións na boca ou oído.
. Piollos ou lendias.

*No administrarase ningún tipo de medicación, salvo casos especiais como alerxias.
*En caso de administrar Dalsy/Apiretal tampouco acudirán á escola.
*En caso de detectar algún síntoma de que puidesen estar enfermos, chamaríasevos inmediatamente para que viñésedes a recollelos, así evitaremos posibles contaxios.

5. Os mandilóns, mochilas, chupetes, babeiros, biberóns e roupa deberán estar marcados co nome, así evitaremos equivocacións.

6. Os nenos non traerán xoguetes de casa.

7. É moi importante non mandar as nenas con pinzas pequenas no pelo xa que calquera podería tragalas.

8. Os nenos virán con roupa cómoda (tipo chándal, pantalón de goma,…) para facilitar os cambios, favorecer a liberdade de movemento e favorecer a súa independencia á hora de ir ao baño.

9. A principios de curso entregaranse fotocopias dos DNI das posibles
persoas que poidan vir a recoller os nenos.

10. As merendas virán en recipientes de plástico, nunca de cristal.

11. Os nenos deberán traer sempre na mochila un biberón ou botella de auga.

12. Os nenos entrarán á aula co mandilón posto (Escola Infantil 2-3 anos).

13. Pechar sempre a porta de escola infantil ao entrar e saír.

14. A escola infantil permanecerá pechada entre horas, soamente se poderá deixar e recoller os nenos ás horas en punto (8, 9, 10...). Se por algún motivo xustificado (nalgunha data concreta) hai que deixalo ou recollelo entre horas, deberase avisar previamente ás profes ou chamando aos teléfonos;

603584813 (Escola Infantil 1-2 anos)
681214020 (Escola Infantil 2-3 anos)
981340109 (Colexio)

*De esta forma evitaremos interrupcións innecesarias nas distintas actividades que se estean a levar a cabo na aula.

15. Os nenos por lei deberán ter 1 mes de vacacións (Xullo -Agosto).

16. Os días festivos locais e nacionais a escola infantil permanecerá pechada.

17. En períodos de vacacións escolares (Nadal,Entroido, Semana Santa e Verán) a Escola Infantil abrirá en horario de mañá de 8 a 14 horas. 


18. Os nenos que fagan uso do servizo de comedor deberán confirmar a súa asistencia antes das 9:30h. da mañá para poder encargar a comida, en caso de non acudir algún día tamén se deberá avisar para non encargar a comida dese día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario