ESCOLA INFANTIL 1-2 ANOS.


Benvidos de novo !!!!!

Comezamos o segundo trimestre e na nosa clase non facemos mais que falar do inverno.
Non sabedes o que traballamos esta semana. O noso novo mural quedou xenial.

Traballamos a psicomotricidade fina facendo pequenas boliñas de papel para facerlle un gorro ao noso pingüín, pegamos algodóns, pintamos cos dedos....



Mirade que bonitiño!!!
Despois de pasar o nadal Fita quixo irse a casa da nosa amiguiña Vega.

Seguro que o pasaron xenial as dúas xuntas porque son mooooooi boas amigas :)
Como xa sabedes, o día 30 de xaneiro é o día da paz.
Traballamos toda a semana unha chea e mirade como o celebramos!!

Estabamos guapísimos co símbolo da paz que decoramos nós.

Aquí estamos a facer as pegadas das nosas mans para decorar o mural do día da Paz, mirade que chulo!!!

E este é o resultado :)

Estabamos ansiosos por saír no vídeo, mirade que atentos

Fita foi pasar o fin de semana con Candela, seguro que o luns na escola nos contan todo o que fixeron xuntas.
Pásao ben pequena :)


Esta semana pintamos con pintura de dedos uns Esquimais, e as profes puxéronlles a nosa foto, son moi divertidos !!


Cantos papeliños tivemos que pegar para decorar o noso novo Iglú, mirade o que traballamos!!

 







Que bonitiño quedou o noso mural ao final, verdade?



O venres tivemos a sorte de que unha amiguiña nosa de 5 anos que está aprendendo a ler e o fai de maravilla, veu contar un conto a nosa clase. 
Isto é xenial, encántanos que nenos e nenas mais maiores que nós veñan a visitarnos, e se ademais contannos un conto...MELLOR QUE MELLOR!!!!



Este fin de semana Fita foise con Enzo, o noso amiguiño, seguro que o Luns cóntannos miles de aventuras. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario