jueves, 11 de junio de 2020

TRANSPORTAMOS PELOTAS COS PÉS.

BOS DÍAS PEQUES 🙋

Como sabedes a semana pasada fixemos unha actividade para traballar a psicomotricidade fina. 
Pois ben, estivemos pensando que hoxe estaba ben facer unha actividade para volver a traballar a psicomotricidade, pero neste caso, a grosa 👏👏👏
Ademáis, como vai vir o bo tempo 🌞 , ainda que hoxe non sexa o caso 💦💦☔
CREMOS QUE É UNHA ACTIVIDADE MOI ACERTADA 👍
VEÑA, IMOS COMEZAR !!!

👇 Materiais:
💜 Dous recipientes grandes (cubos ou bandexas)
💜 Pelotiñas de agua ou calquera xoguete que se poida meter na agua

👉 Para comenzar, temos que encher un dos recipientes de auga e meter as pelotas dentro
👉A continuación, debemos de ponernos o outro recipiente á beira pero este SEN auga.
👉Sentámonos nunha cadeira e cos pés temos que transportar as pelotas do recipiente con auga ao recipiente que temos ao lado e que está baleiro.

Que vos parece? MOI FÁCIL E MOI DIVERTIDO.


Moitos biquiños para todos 💋💋
Vémonos prontiño 💙💚💛💜




No hay comentarios:

Publicar un comentario