lunes, 1 de junio de 2020

TANGRAM

Moi bo día amiguiñ@s!!✋✋
Comezamos unha nova semana realizando unha actividade na que poderedes crear moitas formas diferentes, imos facer un tangram.🧩🧩
¿Sabedes que é? pois o tangram é un quebracabezas de pezas xeométricas coas que podemos realizar unha chea de formas.🔷▰▷
¿Apetécevos empezar?pois imos alá 👍
Os materiais que imos necesitas tédelos por casa, mirade......

  • Cartón, cartolina ou papel.
  • Rotus ou pinturas.
  • Tesoiras.
  • Regla.










Os pasos a seguir son os seguintes;
-Marcamos no cartón, cartolina ou papel un cadrado de 8x8cm e dividimos por dentro como se aprecia na foto facendo as formas xeométricas.
-Pintamos as formas cada unha dunha cor diferente.
-Finalmente recortamos todas as pezas e listo para empezar a xogar.

Aquí tedes unhas ideas das cousas que podedes crear con tangram, un corazón, unha casa, cadrados, frechas,......

Esperamos que vos divirtades xogando a este quebracabezas🧩🧩
Boa semana pequen@s, moitos bicos💋💋💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario