miércoles, 17 de junio de 2020

SOL XIRATORIO

Ola rapaces!!!!🙋👦👧
Como estes días o noso amigo Lorenzo🌞🌞 non asomou moito o nariz, que vos parece se facemos o noso Sol particular para facelo xirar e xirar???? Alá imos.💪
Só imos precisar dunha cartolina, un compás, unhas tesoiras, un anaco de cartón, unha cana para soprar e unha chincheta.😄
Imos comezar por facer dúas circunferencias na cartolina, unha un pouquichiño máis grande que a outra. Logo, entre os dous círculos, faremos unhas liñas cunha separación aproximada de dous centímetros. Agora recortamos a circunferencia máis grande e as marquiñas que acabamos de facer. ✂
Deberíamos ter un círculo cuns flecos.😉
Pois ben, tan só queda dobrar eses flecos pola metade, máis ou menos, para facer os raios de Lorenzo.😀☀
Xa case case o temos!!! Imos poñerlle os ollos e a boca, como máis vos guste.😍
Como nariz, imos usala chincheta que picaremos no anaco de cartón (para evitar picadas, é mellor poñer un anaco de plastilina, unha goma de borrar....pola parte de atrás. Dese xeito o pico estará cuberto e oculto e non nos mancaremos).
E agora......a soprar e soprar para que Lorenzo xire moito moito a ver se así o vemos un pouquiño máis.💨🌌🌞
Moi bo día!!!!💋💋


No hay comentarios:

Publicar un comentario