miércoles, 10 de junio de 2020

POMPAS MÁXICAS

Bos días raparigos!!!!✋⛅
Agora que o bo tempo asoma témosvos preparada un pequeno experimento moi chulo, divertido e sinxelo de facer.😃
Imos facer unhas pompas máxicas que non estoupan cando as collemos coas mans!!!!!👐🌐
Mirade só precisamos:
- Un pompero.
- Xabón con glicerina.
- Luvas de inverno.
Mesturamos nun recipiente auga e o xabón con glicerina (se por casualidade temos glicerina líquida pola casa tamén nos vale. Nese caso imos mesturar a maiores xabón de lavar os pratos), poñémonos as luvas....e a soprar!!!!!😙💨
Na seguinte ligazón veredes o divertido que é.😍😎
Disfrutade e a facer moitísimas pompas!!!!!!!💋💙💛 

No hay comentarios:

Publicar un comentario