lunes, 15 de junio de 2020

ESCARVADENTES TOLOS

Moi bo día amiguiñ@s!!✋👦✊👧
Comezamos unha semana máis con moita enerxía e ilusión,¿ preparad@s para o que vos imos propoñer hoxe?
Encántanos facer cousas con material de reciclaxe e que temos por casa por iso para hoxe propoñémosvos o xogo dos "escarvadentes tolos", con este xogo traballaremos a precisión, a psicomotricidade,.....
Os materiais que necesitamos son;

  • Escarvadentes.
  • Rolo de cartón.
  • Rotuladores.
  • 3 papeis pequenos.
  • Obxecto pequeno.










Para facelo;
  1. Coloreamos os escarvadentes polas dúas puntas coa cor que decidamos, coloreamos tantos escarvadentes queiramos.
  2. Pintamos uns puntiños no cartón da cor dos escarvandentes e inserimos estes atravesando o cartón dun lado a outro.
  3. Coloreamos cada papel da cor que elixísemos para pintar os escarvandentes e unha vez llistos facemos unhas bólas con eles.
  4. Por útlimo colocamos o obxecto dentro do cartón atravesado polos escarvadentes e comezamos a xogar.
Pódese xogar de dúas maneiras:
-Xogando a quitar os escarvadentes libremente sen tirar o obxecto.
-Xogando a quitar os escarvadentes da cor que nos indiquen as bólas en cada tirada (podemos meter as bólas nunha bolsa e quitar unha, lanzar as tres bolas a escoller a cor que chegue máis lonxe,....)

Veña....a xogar e gozar moito  co novo xogo.
Moi boa semana e moitos bicos!!!!👄👄👄👄👄    

No hay comentarios:

Publicar un comentario