domingo, 28 de junio de 2020

ENTREGA DE MATERIAL

Moi bo día familia, mañá será un Luns desexado,porque nos volveremos a ver e triste, porque nos teremos que despedir.Mañá temos unha cita para entregarvos todos os traballiños deste curso e dar por finalizado dunha maneira rara este curso, encantaríanos poder facer unha festa de despedida pero esta vez non será posible, os compañeiros de 2-3 cerran unha etapa na nosa escola e vanse para o cole de maiores, un lugar novo cheo de mil aventuras por descubrir, doutra banda os compis de 1-2 dinnos un ata pronto e volverémonos a ver en Setembro cunha chea de cousas novas. Lembrade que mañá deberedes de levar un pen para poder gravarvos as fotos quitadas ao longo deste curso, deberedes de vir no horario marcado para cada un(se alguén non lembra a hora que por favor póñase en contacto connosco) con máscara e usando o xel que teremos dispoñible á entrada á escola. Ata mañá familia!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario