lunes, 22 de junio de 2020

BENVIDO VERÁN, PRAIA SENSORIAL

!!Ola amiguiños/as!!👦✋👧✋
Esperamos que esteades moi ben e con moitas ganas de disfrutar do bo tempo porque.......xa estamos no Verán e con el chega o sol, o aire libre, a praia,......... e as tan ansiadas VACACIÓNS.🌅🌊🌞👓
Para este comezo de semana propoñémosvos recrear unha praia para gozar en casa os días que non sea posible ir a ela e.....¿como o faremos? con maeriais que tedes por casa, tomade nota;

  • Fonte alongada.
  • Xel de baño.
  • Aceite corporal.
  • 1 bolsa plástica con autocerre.
  • Colorante alimentario azul.
  • Utensilios de praia, caracolas, pedras,....
  • Flocos de avea (podemos substituír os flocos por galleta triturada)












O faremos da seguinte maneira;
  1. Na bolsa plástica botamos o xel ata que nos cubra metade da bolsa, engadimos unhas pingas de colorante e aceite, pechamos moi ben a bolsa e mesturamos os ingredientes ata conseguir un mar súper sesorial de cor azul.
  2. Na fonte engadimos os flocos de avea (ou galleta triturada) ata a metade da fonte e na outra colocamos o mar.
  3. Unha vez localizada na bandexa a nosa particular praia podemos engadir os utensilios de praia, pedras e demais obxectos que queiramos e podemos empezar a disfrutar da nosa praia sensorial, tocando o mar, escondendo obxectos pola area, facer trasvasamentos,......e unha infinidade de cousas só é cuestión de deixar voar a nosa imaxinación e transportarnos a praia e gozar.










Aproveitar o tempo o máximo e Bo comezo de VERÁN!!!🌞🌞🌞
Bicos estivais💋💋💋💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario