miércoles, 3 de junio de 2020

ARCO DA VELLA

Ola peques!!!!!
Sabemos o que ocorre cando chove e fai sol???☔🌞
Pois sí!!!! Aparece un arco da vella.🌈🌈
E como é tan bonitiño...que vos parece se facemos un para telo na casa e así poder velo sempre que queiramos??? Veña, mans a obra.
Para facer o noso arco da vella temos que dispoñer de 4 vasos🥛, azucre, colorantes🔴🟡🔵 (vermello, amarelo e azul),dunha xarra ou botella valeira🧴 (mellor unha botella poruqe poderemos tapala e disfrutala por máis tempo) e dunha xeringa ou pipeta💉.
Agora que xa temos tódolos materiais imos seguir os seguintes pasos:👇
1.- Imos comezar por encher os catro vasos con auga morna (os vasos deben levar a mesma cantidade de auga).
2.- Nun dos vamos engadimos dúas pingas de colorante vermello e catro culleres de azucre e remexemos ata que todo estea disolto.
3.- No segundo vaso, engadimos unha pinga de azul e dúas culleres de azucre e voltamos a remexer.
4.- No terceiro vaso, votamos tres pingas de colorante amarelo e unha culler de azucre e...máis voltas!
5.- E no último vaso tan só engadimos catro pingas de colorante amarelo.
Agora hai que vertelos na xarra ou botella pero...hai un truquiño!!!😉😉
Mirade, para que saia o arco da vella é preciso que, cando os metamos no recipiente, vaian nun orde correcto. Neste caso de maior a menor cantidade de azucre. É dicir, primeiro o vermello, a continuación o azul, despois o amarelo con azucre e para rematar o amarelo sen azucre.👌
Cando vertamos o auga na botella hai que facelo moi moi despaciño para que non se mesturen (a cor vermella non é necesario por ser a primeira), por iso precisamos da pipeta ou xeringa. Así deixamos que a auga vaia caendo pola parede da botella sen que se mesturen demasiado.👏👏
Sinxelo non??? Aquí tedes o noso arco da vella.😍😍
Fixástesvos que apareceron máis cores das que fixemos???? Agora podemos ver o morado e o verde tamén. Parece maxia!!!!🧙🔮

No hay comentarios:

Publicar un comentario