martes, 26 de mayo de 2020

XOGAMOS A LAVAR OS DENTES

Bos días amiguiñ@s!!👐👐
A actividade de hoxe trata da hixiene bucal algo moi importante para o noso benestar xeral.
Crear uns bos hábitos desde pequenos é moi impotante para o seu desenvolvemento persoal y se por riba o facemos dunha maneira divertida moito mellor así aprenderán á vez que se divirten.
Imos realizar unha boca chea de dentes e os materiais que necesitamos son os seguintes;
  • Cartolina ou cartón.
  • Envases de actimeles, danoninos, ou botellas.
  • Cola ou silicona quente.
  • Tesoiras.
  • Rotu vermello e negro permanente.
  • Cepillo de dentes
  • Alcol ou colonia.
Para recrear a boca tedes que seguir os seguintes pasos;
  1. Recortamos os envases póla parte de abaixo aproximadamente duns 2cm. é moi importante que todos os envases teñan a mesma medida a hora de recortalos, recordade que necesitamos tantos envases como dentes queiramos facer.
  2. Co cartón/cartolina recortamos facendo forma ovalada para logo dobrar á metade, reservamos un trociño de cartolina/cartón sobrante para facer a lingua que pintaremos de cor vermella.
  3. Unha vez recortado todo pasamos á fase de pegar os envases ben con cola ou silicona, pegamos facendo un semicírculo colocando a lingua no medio dos dentes, pegamos tantos dentes como queiramos, non vos esquezades de pegar o mesmo número de dentes arriba e abaixo, unha vez feito todos os pasos xa teríamos a nosa boca lista para xogar.
Dentro vídeo👇

Aquí deixovos a ligazón dunha canción moi divertida para conseguir un bo cepillado👇

Lembrade que nos podedes mandar fotiños de todo o que fagades 😉
Moitos bicos e soride moito💋💋😁😁




Zona de los archivos adjuntos

No hay comentarios:

Publicar un comentario