miércoles, 13 de mayo de 2020

LEITE MÁXICA DE CORES

¡Bos días raparig@s!✋✋
Hoxe imos facer un experimento de cores con leite. Imos ofrecerlle á vista un espectáculo colorido que vos vai encantar, ¿preparados? pois comezamos.......
Os materiais que necesitades para este experimento son os seguintes;

  • Leite.
  • 1 prato fondo.
  • Colorante alimentario.
  • Bastoncillos.
  • Xabón de lavar os pratos.
¿Como se fai? pois moi fácil, mirade;
  1. Vertemos un pouco de leite no prato.
  2. Engadimos no centro do prato unha ou varias gotiñas de colorante xuntiñas ( o ideal é engadir varias cores para conseguir un maior colorido)
  3. Por último empapamos un bastoncillo no xabón e tocamos lixeiramente sobre o leite có colorante e.........MAXIA!!!! as cores expándense e se mesturan entre sí creando novas cores e formas.
Aquí tedes o vídeo do experimento👇👇

Non me digades que non é un experimento moi bonito para a vista, a min persolamente, encántame😍😍

Disfrutadeo moito, bicos máxicos coloridos!!!💋💚💋💙💋💛💋💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario