martes, 12 de mayo de 2020

FLORES MÁXICAS

Bos días pequerrechiños 😍😍

Espero que sigades todos moi ben.
Xa fostes a visitar aos vosos avós, tíos, amigos...? MOITO COIDADO 👀
🚨LEMBRADE que é moi moi importante ter sempre as mans limpas e non achegarnos moito, vale? Seguro que o cumprides que sodes uns campións.
Papis,  mamis, avós, avoas...NON VOS RELAXEDES PORQUE XUNTOS O IMOS CONSEGUIR 💪💪

Pois sabedes que imos facer hoxe?
MAXIA 🎩
Soamente tedes que pintar unhas flores e colorealas dos vosos cores favoritos  🎨
Fácil verdade?
Unha vez pintadas teremos que recortalas 
A continuación, haberá que dobrar cada un dos pétalos cara ao centro da flor 🌸🌼
Agora só teredes que botalas nun platiño con auga🚰

e...  TACHAAAAAAN!!!

MIRADE O QUE PASA


É moi moi faciliño. Veña, mans a obra 👏👏
Seguro que o pasaredes xenial 💙💚💛💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario