miércoles, 6 de mayo de 2020

FLORES CON ROLOS DE PAPEL

Boas rapaces, a nosa actividade de hoxe é de reciclaxe, imos estampar unhas flores moi sinxelas con rolos de papel, veredes que con moi pouco podemos facer grandes cousas e moi chulas, ¿estades preparados?, comezamos...............
Para esta actividade necesitades, rolos de papel, rotuladores/ lapis, tesoiras, folios, celo, pratos, pintura de dedos/ témperas.
Fabricación:
-En cada rolo marcamos a forma desexada ou xuntamos varios rolos entre si con celo dándolles forma.
-Recortamos polas liñas marcadas e abrimos o cartón con coidado.
-Preparamos a pintura en pratos e podemos pasar á acción deixando voar a nosa imaxinación e creando flores de diversas formas e cores.
Estamos a desexar ver as vosas obras, veña......mans á obra.
Moitos bicos de cores bonitos.💙💚💛💜💋💋💋




No hay comentarios:

Publicar un comentario