jueves, 21 de mayo de 2020

CAIXA SENSORIAL SORPRESA

Moi bos días rapaces!!🙋🌞
No día de hoxe propoñemos un xogo moi divertido para xogar todos xuntos en familia. Para iso, primeiro imos ter que construir unha caixa sorpresa. Non vos preocupedes que só imos necesitar unha caixa de cartón.📦😄
Pois alá imos!!💪
Nun dos lados máis curtos da caixa, faremos un buraco un pouco grande para poder meter as mans (Se o preferides, podedes facer dous buracos, un para cada man). Listo??? Moi ben, pois agora cortamos todo o lado oposto a do buraco. Dese xeito, as persoas que están a xogar connosco poden ver o que hai dentro da caixa e darnos algunha pista. E xa está preparada!!!!! O único que queda por facer é decorala como máis nos guste.😍🎀👌
 Mirade a nosa caixa...👀😊
Agora sí....A XOGAR!!!👏👪
Dentro da caixa imos meter obxectos diversos que os peques coñezan moi ben como unha esponxa de baño🧽, un cepillo do pelo, unha pelota⚾, unha culler🥄....É moi importante que os nenos vexan os obxectos que estamos a meter dentro, tede en conta que só poderán tocalos, non velos.
Cando o peque meta as mans👐 e colla o obxecto, imos facer preguntas sobre o mesmo para que o neno intente adiviñalo polas súas cualidades (duro, brando, frío, suave, rugoso, alargado, redondo...) a través do sentido do tacto ao mesmo tempo que tenta lembrar os obxectos que se meteron💭. Tamén podemos darlle pistas como por exemplo a súa cor, para qué o usan....😉
Familias, animádevos que é moi divertido!!!😄
E maiores, probade vós tamén que seguro vos levades algunha que otra sorpresa...non é tan sinxelo como parece😎
💋Moitísimos bicos e a disfrutar do xogo.💋


No hay comentarios:

Publicar un comentario