lunes, 4 de mayo de 2020

BOS DÍAS PEQUES👧👦💜💜
A actividade de hoxe vaivos encantar.
Só necesitamos fariña.
Preguntarédesvos para que fariña?
Pois para experimentar. 
💭 A primeira actividade que vos propoñemos é xogo libre.
Podemos utilizar embudes, coladores, papeis, etc... todo o que se vos ocorra e teñades por casa. 
Así os peques probarán a facer montañas, formas, transpasarán a fariña dun lado a outro, infinidade de cousas que se lles ocorren.

💭 Outra actividade que podedes levar a cabo é a seguinte:
Nunha bandexa con fariña esconderemos números ou formas.
Necesitaremos tamén rolos de papel hixiénico (podedes facelo vós con cartulinas ou folios) e pintarémoslles os números ou as formas que escondemos na fariña .
Unha vez teñámolos escondidos, os peques terán que buscar polo medio da fariña as formas ou os números e metelos dentro do rolo que corresponda.

🚨 É MOI IMPORTANTE QUE CANDO ACABEN DE XOGAR AXÚDENNOS A RECOLLER E A LIMPAR TODO 🚨

A PASALO BEEEEEEN ❗❗

No hay comentarios:

Publicar un comentario