miércoles, 20 de mayo de 2020

AREA COMESTIBLE

Bos e soleados días bonitiñ@s!!✋🌞
A nosa actividade de hoxe é moi comestible, sí, sí, estades a ler ben,jejeje, para esta actividade como elemento principal imos necesitar GALLETAS 🍪 e xa vos aviso que non imos cociñar, 😂😂.
Hoxe realizaremos unha actividade sensorial, donde todos os sentidos entrarán en acción, imor facer  "AREA DE GALLETA".
¿Preparados? pois imos aló......
Para esta actividade necesitamos;

  • Un paquete de galletas normais.
  • Un rodete de amasar.
  • Unha bolsa.
  • Unha fonte ou prato.
¿Como se fai?pois dunha maneira moi sinxela e divertida, mirade.....
  1. Rompemos as galletas en anaquiños dentro da bolsa.
  2. Unha vez en anaquiños, pechamos a bolsa e coa axuda do rodete imos golpeando despaciño(coidado cós dedos) ata que as galletas vaian quedando o máis trituradas posible, como se de area se trátase.
  3. Baleiramos a area na fonte ou prato e xa podemos pasar a acción debuxando todo o que queiramos, formas, raias, animais,.......
  4. Para borrar basta con mover lixeiramente o recipiente de maneira que a area móvase e xúntese de novo.
Aquí tedes o enlace para ver o vídeo ⇓⇓

Gozade moito desta actividade en donde poñemos a funcionar todos os sentidos e se vos apetece saborear a area comestible podedes comer unha pouquiña pero 👀 só unha pouca que tedes que debuxar moitas cousiñas bonitas.
Bicos doces😘😘😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario