lunes, 27 de abril de 2020

SAÍDA Á RÚA

Bos días familias!!✋👪
No día de hoxe, e como agora os pequenos xa poden saír á rúa a dar un paseiño e a xogar, querémosvos amosar un conto onde o "Oso Goloso" explícanos un pouquiño como temos que facer antes, durante e despois da nosa saída. Esperamos vos guste e moito coidadiño!!🐻📙🏀⚽🏃
Ademais, tamén temos outra actividade peparada na que imos voltar a meter as mans na masa para coller forza nos dedos. Neste caso trátase dunha plastilina na que tan só precisamos de fariña de millo e de xabón de lavar os pratos. Mesturamos todo ben mesturadiño e listo!! Deixámosvos un pequeno vídeo onde podedes ver o resultado final...👇👌
https://drive.google.com/open?id=1WLQHoQ1WRJIxzMsO1sn8wxoAYKPrJuAR
(a boliña que vedes precisou de 2 culleres de fariña e de 4-5 de xabón)

🚨E non vos esquezades de lavarvos ben as mans, como tan ben sabedes, unha vez acabemos de xogar porque pode quedarnos restos de xabón nas maiñas.🧼👋
A pasalo moi ben pequenos!!!!!!
Xa queda menos para vernos!! Mil bicos.💙💚💛💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario