miércoles, 15 de abril de 2020

EXPERIMENTAMOS CON VOLCÁNS

¡¡¡Ola, ola mozos!!!🙋🙋
¿Qué vos parece se vos propoñemos outro experimento?, ¿apetécevos volver experimentar con materiais que tedes por casa? iso si, sempre coa axuda dun maior,👨👩👴👵 pois........ 3,2,1 comecemos os experimentos.
Hoxe propoñémosvos realizar dous tipos de volcáns, un volcán de limón e un volcán de cores.
VOLCÁN DE LIMÓN🍋🍋
Materiais;
1 limón
Bicarbonato
1 exprimidor
1 vaso
1 coitelo
Xabón de lavar os pratos
Desenvolvemento:
Cortamos unha parte do limón e esprememos un pouco de zume. Retiramos o zume para un vaso e dentro do limón botamos un pouco de xabón e bicarbonato, por último vertemos o zume de limón e o volcán ponse en acción!!!
VOLCÁN DE CORES💛💜
Materiais;
1 vaso de cristal
Vinagre
Bicarbonato
Colorante de alimentos (cores básicas: amarelo, vermello e azul)

Desenvolvemento:
Enchemos medio vaso de vinagre, engadimos a cor que máis nos guste e por último botamos o bicarbonato e explosión de cor!!!!
CONSELLO: recoméndovos poñer o limón e os vasos dentro dunha bandexa xa que a lava sae disparada. Lembrade que con podedes facer mesturas de cores, mirade👇

DENTRO VÍDEO.........

No hay comentarios:

Publicar un comentario