lunes, 23 de marzo de 2020

CONTOS


Ola familia!
Parece que imos atrasar un pouquiño a volta á escola pero non queremos que decaia o ánimo, ¿vale? aínda que esteamos o outro lado da pantalla mandámosvos miles de bicos e acordámonos moitísimo de cada un de vós, así que seguir facéndoo tan ben como ata o de agora e lembrade non saír de casa, así poderemos eliminar moi pronto a ese bichiño 👾 que tantos quebradizos está a darnos 😔 Hoxe traémosvos unha proposta moi chula da editorial Kalandraka, esta editorial vai colgando contos para toda a familia, así como vídeos musicais e moitas máis cousas que seguro que serán do voso interese, só tedes que picar na ligazón que vos deixamos e ir ao apartado que pon "seccións" e ahí seleccionar o que vos interese ver.👀


Esperamos que vos guste e que o gocedes todos xuntos en familia, e lembrade; cada día é un día menos para volver vernos 😊😉 Mandámosvos miles, miles de bicos, non deixedes de lernos e de mandarnos fotos,comentarios, o que máis vos apeteza, estamos a desexar saber cousas vosas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario