jueves, 26 de marzo de 2020

CHEIRA A PRIMAVERA

Ola, ola amiguiñ@s!!!

Hoxe traémosvos outra proposta para facer estes días, esperamos que vos guste 😉

Como xa estamos inmersos por completo na Primavera ocorréusenos que durante estes días podíamos facer flores, moitas flores de diferentes tipos, tamaños, cores, materiais,.......🌻🌺🌼🌷🌸🌹🍀
A idea é levar as flores á escola cando todo isto acabe e realizar un mural con todas as flores que fixésedes en casa,¿ que vos parece, animádesvos? deixar voar a vosa imaxinación e realizar flores cos recursos que teñades en casa, será moi divertido.
Aquí déixovos unhas flores que xa están a esperar para irse á escola e darlle cor primaveral ás nosas paredes.
🌞🌷🌸🌹🌼🌻🌺🌞

No hay comentarios:

Publicar un comentario