viernes, 6 de septiembre de 2019

PERIODO DE ADAPTACION

O período de adaptación é o tempo que necesitan os nenos para coñecer novos espazos, novos amigos, novas rutinas. Tamén é o tempo que necesitan as familias para deixalos con total confianza nas nosas mans e tamén é o tempo que necesitamos nós para coñecelos e adaptarnos ás súas necesidades. É un proceso no que familia e escola deben de traballar xuntos para lograr unha adaptación exitosa. Cada neno ten un período de adaptación diferente, xa que cada neno é único e pola nosa banda tentaremos adaptarnos ao ritmo de cada un. A adaptación irase facendo de maneira progresiva, empezando os primeiros días con períodos curtos de tempo para ir en aumento na medida do posible.

CONSELLOS PARA AS FAMILIAS -Respectar o tempo marcado polas profes. -Falarlle con total naturalidade da escola. -Despedidas curtas e afectuosas. -Mostrar confianza e seguridade diante dos nenos. -Levar algún obxecto/xoguete ao que se aferren. -Interesarse por saber como lles foi na escola. -Evitar facer cambios durante os primeiros días como quitar o cueiro, chupete,.....

Ánimo familias!!! os comezos sempre son duros pero non imposibles e vosos peques están a facelo de marabilla, en nada empezamos a completar horarios,fagamos un último esforzo entre todos ;)


No hay comentarios:

Publicar un comentario