viernes, 14 de diciembre de 2018

MERCADILLO&CARREIRA SOLIDARIA

Mañá é o día do noso Mercadillo e Carreira Solidario, esperámosvos a todos, temos unha chea de cousas para pasar unha mañá moi entretenida, aquí deixámosvos un pequeno adianto e os horarios das actividades.
Vémonos mañá ;)


viernes, 30 de noviembre de 2018

INFO MERCADILLO NAVIDEÑO

Familia, quedan 15 días para celebrar o noso mercadillo e carreira solidaria!!!
Lembrámosvos que podedes anotarvos á carreira a cambio de 0.50€, os nenos da escola infantil correrán cos seus pais.
Para o mercadillo podedes levar durante a semana que vén, dende o día 3 ao día 5, todo aquilo que non necesitedes ou creades oportuno doar para poder vendelo.
Teremos unha chea de actividades durante a mañá, exhibicións de baile, sesión de contacontos, poxa de cadros,....... e moitos postos para comprar todo o que necesitedes, teremos posto de libros, de plantas, de xoguetes, de globos,........
Todo o recadado irá doado a " Bikes for education", "Stop accidentes" e " Save the children".
Desde a nosa escola traballamos moito para achegar o noso gran de area a este mercadillo e mirade todo o que fixemos para que poidades mercalo ese día, animadevos!!!
Estes son os nosos cadros que sairán a subasta ese mesmo día, chulos, verdade?? pos veña animadevos a poxar por eles ;)

Escola Infantil 1-2 anos

Escola infantil 2-3 anos












Aquí están os nosos adornos para a árbore de Nadal feitos con material de refugallo, poderedes comprar os adornos no posto de adornos do Nadal de edcuación infantil, nos vos quededes sin o voso :)
Escola infantil 2-3 anos
Escola infantil 1-2 anos














Por útimo e non por iso menos importante a nosa árbore de Nadal feito polas dúas escolas en conxunto para decorar ese día tan importante, tachán!!!!!














 Desde aquí só nos queda animarvos a participar e pasar unha mañá divertida en familia, esperamos a vosa colaboración, moitas grazas de antemán por todo!!!!


sábado, 17 de noviembre de 2018

MERCADILLO NAVIDEÑO

Este ano adiantámonos ao Nadal, xa está en marcha o mercadillo e carreira solidaria, manterémosvos informados ;)

martes, 4 de septiembre de 2018

Benvidos!!!

Benvidos pequenos a unha nova aventura na nosa escola, este curso os nosos amigos a xirafa " Fita" e o pallaso " Pampito" serán os encargados de ensinarnos unha chea de cousas.

Os primeiros días de escola sempre son un pouquiño difíciles e as veces choramos un pouquiño pero non pasa nada porque aos poucos irémonos acostumando ao cole, aos compis, ás profes , e a pasalo moi ben todos xuntos, todo isto forma parte de período de adaptación por iso é moi importante seguir as indicacións que dan as profes ;)

Comezamos esta aventura en 3,2,1..........

BENVIDOS!!!!!!